Nova visita dunha das unidades de doazón de sangue a Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCÍA

Será a próxima semana, na fábrica de Calvo

19 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia realizará a próxima semana unha nova visita a Carballo tras estar dúas xornadas completas na Praza do Concello. Esta vez o autobús atenderá os traballadores de Conservas Calvo. Os doantes desta empresa poderán acudir entre as 10.00 e as 14.00 horas e de 16.00 a 21.00..