Dobre mostra de arte balear en Camariñas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

Unha das exposicións verase no faro Vilán e, outra, no Museo Man de Camelle

26 abr 2025 . Actualizado a las 10:48 h.

Sala de exposicións do faro Vilán e Museo Man de Camelle • O Museo Man de Camelle e a sala de exposicións do faro Vilán de Camariñas acollerán este vindeiro mes de maio dúas exposicións de diferentes manifestacións da arte balear: Cestos-Senalles estará no faro e Mujeres en la India, no Museo Man de Camelle. Ambas mostras están organizadas polo Concello de Camariñas e chegan á vila da man das asociacións Art amb B e Ambaca, a través do Instituto de Estudios Balearicos.

No caso da sala do faro Vilán, albergará do 3 ao 30 unha mostra colectiva de 24 cestos artesanais intervidos por artistas mediterráneos: o que fixeron foi crear a partir dunha obra de artesanía [xa en desuso] unha obra de arte. No caso do museo de Camelle, a exposición poderá visitarse do 3 ao 31: en Mujeres en la India, oito artistas de Ibiza amosan obras inspiradas na súa estancia na Fundación Vicente Ferrer en Anantapur (India), acompañadas pola poeta Yolanda Bonet.