Castro animado e Tarde-noite no medievo: dúas citas coa historia en Cabana

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CABANA DE BERGANTIÑOS

BASILIO BELLO

Concerto de Alana, teatralizacións con Yago Espasandín, música tradicional... Toma nota da programación!

27 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

12 de xullo e 9 de agosto • Xa se coñecen as programacións de dúas das máis interesantes citas coa historia que terán lugar este verán na Costa da Morte, e mais concretamente, no termo municipal de Cabana

A primeira delas, o Castro Animado, será o sábado 12 de xullo e consistirá nunha xornada de xuntanza, gastronomía, música e aprendizaxe nun entorno único como é o castro A Cidá de Borneiro.

A actividade comezará ás cinco da tarde e incluirá a degustación de pratos típicos da gastronomía cabanesa, unha recreación na Croa do Castro, mostras de artesanía, xogos populares, visitas animadas co actor Yago Espasandín, música coa banda de gaitas O Son do Castro, circo con Sue Moreno 4.0., queimada e foliada con grupos tradicionais dende as oito e media da tarde.

BASILIO BELLO

Case un mes despois, o sábado 9 de agosto, terá lugar na aldea de Riobó a Tarde-noite no medievo, unha cita que alcanzará este ano a súa décimo sexta edición. Comezará ás cinco cunha andaina teatralizada ata a Torre da Penela e incluirá paseos a cabalo, xogos tradicionais, degustacións e exposicións. Tamén baile a cargo da asociación tradicional Inllar e actuacións de O Son do Castro, Son de Cabana, Os Farrapos, Os Enxebres de Cabana e Maruxía. Ás oito, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, da compañía Os Quinquilláns, pronunciarán o pregón, e despois darán comezo as tradicionais prevodas medievais. Cé Orquestra Pantasma, Alana e A Quinkillada completan o cartel.