Cabana estrea un novo mural sobre a igualdade, na Praza do Pendón
CARBALLO / LA VOZ
CABANA DE BERGANTIÑOS

Foi pintado polo artista Leandro Lamas coa colaboración de estudantes do CPI As Revoltas
24 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Estudantes do CPI As Revoltas colaboraron co artista Leandro Lamas no pintado dun novo mural de arte urbana que xa se pode ver na Praza do Pendón. O tema é a igualdade e na inauguración, o alcalde, José Muíño, agradeceu a implicación tanto do artista como da comunidade educativa.