
A entidade vén de comezar un proxecto de mellora no seu centro de Nantón financiado polas aportacións dos contribuíntes no X solidario
27 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Ben animada e concorrida estivo onte a segunda edición da andaina solidaria Por un millón de pasos, posta en marcha pola asociación Íntegro co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables e de poñer o foco sobre a inclusión e a solidariedade a través do deporte. Íntegro, ademais, vén de iniciar a execución dunhas obras de mellora no seu centro de recursos situado en Nantón (Cabana) co obxectivo de reforzar a atención de 46 persoas con diversidade funcional. Os traballos, financiados maioritariamente polas doazóns dos contribuíntes a través do X solidario, incluirán a ampliación de varias estancias ou a reubicación da aula que funciona como centro de día.