O motivo débese á «previsión de intensas choivas anunciada por MeteoGalicia para toda a fin de semana»
04 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello da Laracha comunicou onte que pospón o acendido do alumeado de Nadal, que estaba previsto para mañá. O motivo débese á «previsión de intensas choivas anunciada por MeteoGalicia para toda a fin de semana», explicaron nun comunicado. Os actos pasarán a celebrarse o vindeiro venres, día 12, no mesmo horario e lugar: prazas Les Sables D’Olonne e O Recreo, ás 18.30 horas.