
Tiña 57 anos e formaba parte dunha familia moi coñecida no municipio
02 jul 2025 . Actualizado á 18:36 h.Os veciños da parroquia de Lestón, na Laracha, despiden esta tarde a María Belén Fernández Andrade, de 57 anos de idade. Os actos fúnebres están previsto para as sete na igrexa de San Martín. O enterro levará a cabo no cemiterio desta comunidade. A muller formaba parte dunha familia moi coñecida no municipio. Traballaba nunha empresa de complementos téxtiles e estaba casada con José Manuel Domínguez Canedo, que forma parte do persoal de Pensos do Sil. Deixa unha filla, Nerea Domínguez Fernández, integrada na asociación cultural Queiroa. Formaban unha familia moi coñecida na contorna e numerosas persoas expresaron as súas condolencias pola perda.