Mozos da Laracha gozan dun intercambio en Venecia

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A LARACHA

.

Do 8 ao 15 do próximo mes, o Concello participará noutra viaxe de similares características a Tiflis, capital de Xeorxia

28 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Dez mozos da Laracha están de intercambio desde o pasado martes en Venecia. Durante unha semana, ata o próximo día 1 de xullo, realizarán actividades deportivas, ambientais, turísticas ou culturais. Polo momento xa se achegaron á ponte de Calatrava e á illa de Burano. Van acompañados de dous representantes municipais laracheses.

É xa a cuarta edición deste programa que o Concello bergantiñán implementa grazas á colaboración co Polo técnico profesional da cidade italiana. É unha aposta para ofrecer á mocidade «ouportunidades para coñecer outros países, idiomas e culturas». Do 8 ao 15 do próximo mes, A Laracha participará noutra viaxe de similares características a Tiflis, capital de Xeorxia.