Un contacontos para saber máis de Europa desde A Laracha

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

JOSE MANUEL CASAL

Iniciativa de Europe Direct, chegará á biblioteca municipal o vindeiro mércores, 17 de abril

14 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A biblioteca municipal da Laracha acollerá este próximo mércores, 17 de abril, ás 17.30 horas, o contacontos Coñece Europa con Kalopsia. A iniciativa percorrerá 15 concellos da provincia nos próximos meses e é parte do programa que o organismo Europe Direct A Coruña ofrece aos municipios adheridos á rede Europa non teu Concello. Trátase de achegar o funcionamento da Unión Europea aos máis pequenos, primeiro a través dun obradoiro ao redor de contos e libros infantís e despois coa escoita da narración da obra Kalopsia: un planeta non tan diferente. Os participantes poderán mesmo converterse en protagonistas e xogar a formar os seus propios países e alianzas. Haberá lingua de signos para garantir a accesibilidade.