San Román colleu fol para agosto a base de pulpada para 400 persoas

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

¡Inclúe álbum! A comisión de festas promoveu este encontro gastronómico, co que recadan fondos para as celebracións principais

17 mares 2024 . Actualizado ás 16:33 h.

Un grupo de 14 persoas, liderado por Noelia Ramos no papel de presidenta, asumen desde hai dous anos as rendas da comisión de festas de San Román de Cabovilaño, A Laracha. Celebran as principais a última fin de semana de agosto —este ano cae a 30, 31 e 1— e para que sexan realidade deben traballar todo o ano. Recentemente rematadas, empezan a pensar xa no ano seguinte e no que irán facendo para poder recadar fondos.

Un exemplo: a pulpada como a que este sábado acolleu o campo dá festa, cunhas 400 persoas, segundo cifra a vicepresidenta da entidade, Joana Vázquez. Foron algunhas menos que na primeira edición, pero, tal e como acredita rindo, «para organizar chegan ben». Aderezaron a velada con música ao mediodía e pola tarde. Avanza Joana que para as festas de agosto haberá «sorpresas» e explica tamén que asumiron a comisión co ánimo de que a parroquia non quedase sen festas. «O pobo necesitaba un cambio, e penso que se lle dou», di. ¡A seguir!