A falta de acerto do Paiosaco provocou a repartición de puntos co Viveiro

La Voz

A LARACHA

O Paiosaco mantense segundo, aínda que igualado en puntos coa Polvoreira

20 mar 2018 . Actualizado á 05:00 h.

Pola súa banda, o Paiosaco tiña todas as de gañar fronte ao Viveiro, nos postos de descenso. Pero, o certo é que conseguiu o empate a uns no segundo período.

Aos verdibrancos custoulles meterse no duelo, dominando o cadro local nos primeiros 45 minutos. A pesar de iso, a primeira oportunidade de gol chegou para o equipo visitante no minuto 25, momento no que Javi Fuentes fixo un disparo que rozou a escuadra da portería. Pero os viveirenses responderon cunha dobre ocasión, que Ventola, primeiro, e o traveseiro, despois, evitaron que entrase.

Tras a continuación, un remate de Iván Amor marchou fóra por pouco, e do posible 0 a 1 pasouse ao 1 a 0 por medio dun man a man de Dani (minuto 48). Esta diana fixo que o Paiosaco fose de menos a máis cun disparo de Josiño que o porteiro local enviou a córner e un tiro de Aythami que tocou nun defensa e o gardameta atallou sen problemas. Pero, tras estas xogadas, chegou o empate por medio dun remate de Javi Fuentes tras un saque de esquina de Leilán. Bilal, Popi e Iván Amor puideron aumentar a conta, pero pecaron de falta de acerto. Con este punto, o Paiosaco mantense segundo, aínda que igualado en puntos coa Polvoreira.