Concerto de aniversario de Lumieira ou o documental do río Grande do Porto... A axenda de hoxe!

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ailá actuará esta noite no Pazo da Cultura de Carballo
Ailá actuará esta noite no Pazo da Cultura de Carballo MARCOS CREO

Presentacións literarias ou unha mesa de diálogo sobre a prevención dos incendios forestais completarán a axenda deste venres na Costa da Morte

06 nov 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Avanzamos na semana coa seguinte axenda: 

Carballo · Concerto de 50 aniversario da asociación Lumieira, coa actuación de Ailá: ás 21.00, no Pazo da Cultura. 

A Ponte do Porto · O Casino acollerá hoxe, ás 19.00, a presentación do documental O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira, do Semescom. 

Corcubión · Mesa de diálogo sobre a gandaría extensiva como método para previr incendios forestais: ás 18.00, na Capela do Pilar. 

Muxía · Presentación do libro Historia de Muxía e Moraime, no Parador Costa da Morte: ás 19.30. 

A Laracha · Presentación do libro En víspera de nada, de José Pardiñas, na biblioteca municipal larachesa: ás 20.30 horas. 

A Laracha · Papiroflexia ás 18.00 na casa reitoral de Caión e no centro sociocultural de Paiosaco. 

Cee · Magosto de libros na axencia de lectura de Brens, con contos e tradicións de outono: 18.00.