O Escolas Juan Cabrejo, líder invicto da Terceira galega feminina

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

El Ponteceso-J. Cabrejo
O Ponteceso-J. Cabrejo BASILIO BELLO

En Segundo, os cinco representantes da Costa da Morte marchan moi ben

18 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Os cinco representantes da zona na Segunda galega feminina de fútbol (Muxía, Bergantiños B, Corme, Dumbría e Cee) marchan moi ben, na primeira metade da táboa. Na Terceira rexional (grupo 2), o Atlético Cercedense é terceiro, mentres que na Costa mandan as Escolas Juan Cabrejo con pleno de vitorias. A última, en Ponteceso, por 1-2 (sobre a bucina e de penalti).