Competiron en Xixón e acadaron as semifinais
10 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.Unha semana despois de colgarse a medalla de bronce da categoría absoluta no trofeo Teresa Herrera da Coruña, no que competiron algunhas das mellores yudocas do país, Lucía Pazos (Merexo, 2006) e Aroa Blanco (Coristanco, 2008) volveron subirse ao terceiro caixón do podio.
As deportistas do Judo Bergantiños conseguírono na Supercopa de España que se disputou onte en Xixón. Ambas as, na categoría júnior -63 quilos. Tras loitar a semana pasada unha contra outra, estiveron a piques de repetir o combate, esta vez na gran final, aínda que non puido ser e caeron derrotadas en semifinais.
Lucía competirá no Campionato de España absoluto o sábado 29 deste mes.