O pavillón local acolleu o torneo de Samaín, organizado polo Frechas por un Tubo
09 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Frechas por un Tubo de Corme exerceu de anfitrión onte no pavillón local durante o torneo de Samaín que organizou o club por primeira vez neste 2025 e que repetirán o ano que vén. A participación non foi moi alta debido a outro torneo de máis enxunlla en Ponferrada, pero en Corme competiron máis de vinte tiradores chegados de toda Galicia, con vitorias que marcharon para Redondela ou Pontevedra.
Do club local brillaron Pedro Álvarez e Fidel López na modalidade de arco recurvo olímpico, sendo segundo e terceiro, respectivamente. Houbo un grande ambiente durante toda a tarde.