O certame Metro Cadrado do FIOT de Carballo xa ten gañadoras

La Voz

CARBALLO

Un momento de Alicia wants to
Un momento de Alicia wants to VANESSA RÁBADE

Son «Gracias por su visita», de Uxía Algarra, e «Alicia wants to», de Estrella Tomé

31 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A novena edición do certame de microescenas Metro Cadrado do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) xa ten gañadores. Déronse a coñecer este xoves logo de finalizar o reconto das votacións do público. As pezas máis valoradas, recibindo 150 euros en ambos casos, resultaron ser Gracias por su visita, de Uxía Algarra, premio ao mellor espectáculo; e Alicia wants to, de Estrella Tomé (Bengala Teatro), premio á mellor interpretación. Froito do acordo do festival carballés con Culturgal, as dúas obras serán convidadas a participar no Culturgal este novembro.

Na novena edición de Metro Cadrado foron un total de 347 espectadores, 222 votantes e unha nota media dos espectáculos de 4,21 sobre 5, subindo a 4,39 no caso das interpretacións. Diversidade, calidade, diferentes linguaxes e visibilización do emerxente: foron boa parte das claves sinaladas dende  organización sobre o que ofreceu este programa nesta ocasión.