Lenda Educativa organiza unha camiñada para fomentar a igualdade

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Un apartado del pazo de Villar de Francos, en Carballo
Un apartado do pazo de Villar de Francos, en Carballo ANA GARCIA

Será o día 8 de novembro

30 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O centro Lenda Educativa, situado en Ardaña, organiza para o día 8 de novembro unha camiñada pensada para fomentar a igualdade. O percorrido realizarase partindo do pazo de Vilar de Francos e discorrerá pola parroquia de Artes. Guiará a entidade Vía Inqueda, que combinará natureza con convivencia e, sobre todo, unha reflexión sobre a igualdade e a inclusión. Colabora o Concello de Carballo. A actividade está aberta a todas as persoas interesadas. É necesaria a inscrición previa, que é gratuíta e pode realizarse por WhatsApp no número 671 054 806 ou por correo electrónico a info@lendaeducativa.es.

A actividade desenvolverase de 10.00 a 14.00 horas e hai un máximo de medio centenar de prazas dispoñibles, polo que as persoas interesadas deben anotarse canto antes. A ruta é circular con saída e chegada no pazo de Vilar de Francos.