Asistirá Yolanda Pazos, do Intecmar, e o creador audiovisual Drewkorme
29 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.A confraría de pescadores de Corme, en colaboración con varias entidades, realizará mañá unha xornada divulgativa sobre o mar de ardora. Será na sede da confraría ás 18.00 horas. Alí estarán Yolanda Pazos, do Intecmar, e o creador audiovisual Drewkorme. Ademais, haberá microscopios para analizar en directo un cultivo e moitas fotos e vídeos do fenómeno natural na zona.