ABC do Partido de Corcubión informa desta actuación, que será de acceso libre e gratuíto
16 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.ABC do Partido de Corcubión informa de que as cantareiras Do Rivés teñen previsto actuar o día 24 deste mes de outubro nun local de Buenos Aires. O colectivo está formado por Elena Verdes, que é de Malpica; Nerea Álvarez, de Carral, e as irmás Hadri e Jenni Felpete, de Carballo. O acceso ao encontro será libre e gratuíto ata completar a capacidade.