
Organizada por Clark Limtiaco, poderá visitarse no Centro Sociocomunitario ata o 31 de outubro
15 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Centro Sociocomunitario de Caión acollerá dende hoxe, e ata o vindeiro 31 de outubro, a exposición fotográfica O legado hispánico na illa de Guam, mostra que contén máis de medio cento de imaxes que reflicten as pegadas españolas aínda presentes na Micronesia.
A escolma poderase visitar de luns a venres, de 17.00 a 20.00 horas, e o organizador é Clark Limtiaco, investigador e asesor cultural de Guam. A mostra conta co patrocinio do Círculo Cervantino de Guam, cuxo administrador é Manuel Rodríguez.