A arte do campión europeo Lucas Yáñez conquistou Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Exhibiu as súas habilidades e aconsellou tecnicamente ás mozos promesas do Escola Lubiáns

06 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Todo un campión de Europa luciu onte os seus dotes de patinaxe artística sobre a pista do Carvalho Calero. Lucas Yáñez (Oleiros, 2004) ofreceu unha clase maxistral para as mozos patinadoras do Escola Lubiáns, ao que xa prestara os seus servizos hai unha semana co grupo de Vimianzo.

Yáñez proclamouse campión continental sénior en Trieste o pasado verán e ofreceu unha pequena exhibición antes de perfeccionar a técnica das máis de trinta patinadoras que acudiron a unha cita que lles será difícil esquecer.

Alí estiveron, tamén, as adestradoras: Pili Añón, Lucía Dubra e Petu Añón.