A escola de fútbol base de Corcubión podería non competir por primeira vez en 27 anos

CARBALLO

A falta de nenos podería levar á entidade para tomar esta decisión
04 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.Tras o auxe dos maratóns de fútbol sala pola Costa da Morte, nos 80, chegou na década seguinte o furor das escolas deportivas de base enfocadas a esa mesma disciplina, con ligas benxamíns, alevíns e infantís que enchían pavillóns polas mañás.
Unha realidade que foi desaparecendo coa chegada do céspede artificial e a ampliación de categorías no fútbol sobre verde. Así o demostra as dificultades da Escola de Fútbol base Corcubión, que por primeira vez en 27 anos de historia podería non saír a competir no curso que arrincará o 7 de novembro contra equipos de Cee, Vimianzo, Fisterra, Cabana, Muxía, Ponteceso e Camariñas.
Alí formáronse talentos como o de Brais Lado, Iago Lema, Juan Fuentes ou máis recentemente Mataso e Fabio, xogadores do Dumbría e Arteixo en Preferente e Terceira, respectivamente. Tamén foi o berce para varios dos membros do equipo sénior do Fisober, que non para de crecer. Para continuar ese legado, a entidade reivindicou a necesidade de nenos para saír a competir.