
Serán o 26 de setembro, en Carballo, e o 25 de outubro, en Vimianzo
06 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Vimianzo e Carballo acollerán sendas funcións da sétima edición do proxecto de intercambio cultural Camiño Escena Norte, que achegará este ano dez propostas de danza, teatro e circo a outras tantas localidades galegas. A programación prolongarase do 12 de setembro ao 26 de outubro, conta co apoio da Xunta e nela participan compañías orixinarias de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, comunidade que se incorpora este ano ao proxecto cultural.
O cartel completo foi presentado onte na Praza do Obradoiro baixo o lema «Sementar, coidar, xermolar». Á Costa da Morte chegará o vindeiro 26 de setembro, cando por Carballo pasará a compañía vasca niMú co seu espectáculo circense Pausa. Será ás seis da tarde, na Praza Cruz Vermella e no marco das actividades do FIOT.
Por outra banda, o 25 de outubro poderá verse no auditorio de Vimianzo a peza teatral El jardín de las posibilidades, dos cántabros de El Tejo Producciones.