
Ou Abaladoiro | Con 12 anos, gañou o concurso de talentos «Dá rúa á lúa», do programa «Quen anda aí»
03 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.Ten só 12 anos e proclamouse a semana pasada gañador do concurso de talentos Dá rúa á lúa, no programa Quen anda aí (CRTVG), grazas ao seu gran talento como cantante. O seu nome é Sebas Allones Dans e é de Camelle. Cando unha porta péchase, outra se abre, debeu pensar o mozo hai un tempo, e é que, no seu día, non levou La Voz Kids, concurso no que tamén participou, pero iso non fixo que a súa ambición se frease. Apuntou ao seu seguinte obxectivo: Quen anda aí.
Nel mostrou a mellor das súas aptitudes de canto, marabillando a propios e estraños interpretando pezas como Luares, de Javier Solís. Sebas declarou non ter ningún ídolo en concreto, e ser máis fan da música de antes que da actual. «Escoito moita música en Youtube: flamenco, coplas, baladas… música de antes en xeral», explicaba o propio mozo este luns. A pesar de a presión que adoitan supor os focos, manifestou apenas sentila despois da súa primeira aparición en televisión: «Estaba un pouco nervioso a primeira vez que saín na tele, despois, case nada». Naceu no 2013, e este curso a piques de arrincar fará primeiro da ESO.