
O exalcalde asegura que as augas pluviais alagan un edificio na Trabe
02 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.O portavoz do PSOE de Ponteceso, Lois García Carballido, reclamará ao Concello, mediante unha proposta no pleno, que se busque unha solución para evitar as inundacións nun edificio situado no número 1 da avenida Anllóns.
O exalcalde asegura que as augas pluviais alagan un garaxe na Trabe, «e o goberno local, coñecedor do problema, non aportou solucións efectivas». O grupo socialista propón unha saída diferente ao saneamento, na rúa Vereda, para poder clausurar a que ten agora o inmoble, que é por onde entran as pluviais.
Aclara Carballido que estas inundacións non teñen que ver coas da avenida Eduardo Pondal, xa que o edificio está máis arriba. O edil socialista asegura que «os veciños do edificio requiren dunha resposta en forma de proxecto de obra».