Axudas con cargo a fondos europeos para confrarías e grupos de mariscadores da Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Vista del puerto de Malpica
Vista do porto de Malpica ANA GARCIA

A maior cantidade vaise para Camariñas: máis de 110.000 euros

29 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Ao redor dunha decena de colectivos pesqueiros e marisqueiros da Costa da Morte veranse beneficiados dunhas axudas financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). A finalidade, explica a Dirección xeral de desenvolvemento pesqueiro na súa resolución, é apoiar proxectos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica social e ambientalmente sostible. As axudas son cofinanciadas nun 30 % pola Xunta e entregaranse en dúas anualidades, con contías totais que chegan a superar os 100.000 euros.

Axudas: entidades - contía anualidades 2025+2026

  • Confraría de Muxía: 51.480 euros
  • Mariscadores de Baldaio: 31.178 euros
  • Confraría de Caión: 20.592 euros
  • Confraría de Fisterra: 30.888 euros
  • Confraría de Corme: 93.627 euros
  • Mariscadoras do Anllóns: 70.072 euros
  • Confraría de Corcubión: 30.888 euros
  • Confraría de Laxe: 44.282 euros
  • Confraría de Camelle: 63.424 euros
  • Confraría de Malpica: 97.036 euros
  • Confraría de Camariñas: 113.360 euros