Aparatosa colisión en Vimianzo entre unha ambulancia que trasladaba un enfermo e un turismo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

Foi necesario cortar a vía de saída cara a Fisterra para limpar a calzada

18 jul 2025 . Actualizado á 21:23 h.

Vimianzo foi escenario este mediodía de venres dun aparatoso accidente de tráfico protagonizado por un turismo e unha ambulancia que trasladaba a un enfermo ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Os feitos tiveron lugar ás 12.28 horas na AC-552, á saída do centro urbano en dirección Fisterra. Un turismo de marca Volkswagen fixo un xiro á esquerda no momento en que circulaba unha ambulancia cos dispositivos activados. Ao non poder salvar o obstáculo o vehículo sanitario acabouse producindo un choque frontolateral.

ANA GARCÍA

Como consecuencia do impacto, a vía quedou cortada e con gran cantidade de aceite derramado. A Policía Local de Vimianzo informou de que foi necesario desviar o tráfico por estradas alternativas. Mentres os vehículos pesados tiveron que circular pola Gándara, os turismos puideron facelo pola alternativa da Gándara dá Osa. Os labores de recuperación da calzada prolongáronse durante máis dunha hora.