








































A asociación Naufraxios Galegos tivo para eles, entre outros, un recoñecemento pola súa humanidade
12 jul 2025 . Actualizado á 16:20 h.Está en marcha dende a tardiña do venres o programa cultural que lembra en Camelle e Arou o naufraxio do City of Agra, hai hoxe 128 anos. Entre os recoñecementos da entidade organizadora, Naufraxios Galegos, houbo un para os irmáns Tajes Sánchez, Manuel (O Rubio), Paco e Modesto, este último póstumo. Manolo, Paco e Modesto de Bajeras, tres mergulladores. Pola súa vida no mar, pero sobre todo, dixo Fernando Patricio Cortizo, presidente da asociación, «pola humanidade amosada no rescate dun bo número de afogados na nosa costa». Foi intensa a primeira velada, na que tamén puido gozarse da obra de teatro Palilladas, a cargo de A Folja na Faneca e Os contos non enchen. Entregou ademais Naufraxios Galegos os premios do Concurso de Escafrandos celebrado no Nadal. Continúa a programación este sábado, da que pode informarse aquí. Case 30 postos de artesanía e gastronomía dinamizan a feira mariñeira.