Non busques máis: este domingo, plan pola Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Os Quinquilláns volverán hoxe ao castelo de Vimianzo
Os Quinquilláns volverán hoxe ao castelo de Vimianzo BASILIO BELLO

Praza dos Libros en Carballo, cita coa historia en Camelle e moitas outras propostas a 13 de xullo

13 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais da Praza dos Libros de Carballo —ver aquí a programación— e do programa cultural en torno ao aniversario do naufraxio City of Agra en Camelle e Arou —máis información—, outras propsotas hoxe na Costa da Morte

Motos antigas

Carballo • Amigos das Motos Clásicas de Bergantiños organizaron para hoxe unha nova xeira da súa concentración de motos antigas, 17.ª edición. Para as 10.00 están previstas as acreditacións na rúa Desiderio Varela de Carballo, saíndo en ruta sobre as 11.00.

Sabores de mar

Muxía O vehículo da campaña Galicia sabe amar da Xunta arriba hoxe a Muxía coincidindo coa carreira pedestre. No porto, de 09.00 a 15.00.

Semana da Patria

Carballo • Comeza Galiza Nova Bergantiños coa súa programación pola Semana da Patria. Hoxe, ás 11.30, no xardín municipal, inauguración da exposición Activismo en Castelao. Intervirá a nova responsable comarcal da organización, Carolina Pacoret.

Concertos

Muxía • Remata a semana no cámping Lago-Mar, aos pés da praia do Lago, logo de días de iniciativas variadas. Hoxe, concerto de Kreze: 19.30.

Para público familiar

Laxe A carón do local social de Traba, títeres para rapazada: Pequeno cabaret de tolos, das 19.30 en adiante.

Obradoiro de pan, onte na Brea, con Panadería Élida Mesejo
Obradoiro de pan, onte na Brea, con Panadería Élida Mesejo ANA GARCÍA

Festas de vermú e verbena

A Brea (Carballo) • Festa do Pan, recuperada este ano pola asociación Mestra Carmen Cancela. Dianas e alboradas con Nemeth, misa ás 13.00 e sesión vermú co dúo Charada.

Cee Celebracións na honra de San Cristovo, con misa ás 12.00 no santuario da Xunqueira e posterior procesión motorizada (13.00), con saída do paseo Alcalde Pepe Sánchez. Ao remate, pinchos e música na barra da comisión de festas Virxe da Xunqueira.

Corme Aldea • Misa á Virxe do Carme ás 13.30 cantada polo coro Brisas do Mar. Sesión vermú con Begoña García.

Soesto (Laxe) • Pasarrúas coa charanga Santa Compaña, misa solemne e sesión vermú de novo a cargo dun dúo.

Corcoesto (Cabana) • Tocan Os Caruleiros e o dúo D’Festa.

Cerqueda (Malpica) • Misa ás 13.00 por San Cristivo e vermú a cargo de Veneguay.

Visitas teatralizadas

Vimianzo No castelo, ás 12.30 e 17.00 horas, teatro para revisar a historia da fortaleza, con Os Quinquilláns. Inscrición en vimianzo.gal/turismo.