Fundación Pondal e Casa da Muller impulsan un programa formativo dirixido a mocidade

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

MARTINA MISER

As sesións levaranse a cabo do 18 ao 24 de xullo, con práctica directa despois na Escola de Verán

11 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Fundación Eduardo Pondal e Casa da Muller (O Couto, Ponteceso) veñen de poñer en marcha con moi boa acollida un programa formativo para mocidade: Xermolar. Contan para iso co apoio do Plan de Corresponsables da Consellería de Política Social, así como coa colaboración da Fundación ONCE, a Consellería de Emprego e a Fundación Juana de Vega. Xermolar, indican dende a organización, «nace coa vontade de ofrecer á mocidade un espazo formativo diverso, participativo e transformador, co obxectivo de dotar aos participantes de ferramentas clave para o seu desenvolvemento persoal e profesional no ámbito do tempo libre e a intervención social». Serán seis módulos, con temáticas como o braille, o emprendemento, a igualdade, o benestar físico e emocional, a lingua de signos e os primeiros auxilios. Os contidos están pensados para persoas interesadas en formarse como monitorado de tempo libre, pero tamén para xuventude en xeral. Ademais de teoría —do 18 ao 24 de xullo— haberá práctica co alumnado da Escola de Verán.