O segundo mellor mes de xuño da historia do Aquapark

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

O Concello de Cerceda matiza que só en 2015 superáronse as cifras rexistradas este ano

02 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Cerceda matiza que o que acaba de finalizar foi o segundo mellor mes de xuño na historia do Aquapark, pois pechou con 22.000 entradas vendidas, unha cifra só superada en 2015, con 24.000 visitas. E iso a pesar de abrir a día 9, máis tarde que noutros exercicios. O día 29 foi a mellor xornada de xuño dos seus 25 anos, con 3.272 entradas.