
A confraría e o club náutico alertan dunha sucesión de danos
01 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.A confraría de pescadores e o club náutico de Razo-Malpica volveron a denunciar a inseguridade do porto malpicán. As máquinas de venda de comida e bebida dunha empresa privada foron vandalizadas. Apareceron con parte da súa estrutura danada, sen ningún produto no seu interior e con restos de entullo na contorna. Onte foron retiradas do lugar.
Desde as dúas entidades piden a Portos que emende a iluminación nas instalacións portuarias e que permita a instalación de cámaras de vixilancia, entre outras medidas.