O Bergantiños suma talento ao seu medular coa fichaxe de Iago Novo

Antón Lestón
antón lestón CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

PCF

Xogou dúas tempadas na Laracha cedido polo Dépor

28 jun 2025 . Actualizado á 21:08 h.

O Bergantiños segue desvelando o persoal coa que loitará un ano máis na Segunda Federación. E a última incorporación en ser anunciada non é unha máis. Trátase dun dos futbolistas máis talentosos do fútbol galego: Iago Novo (Fene, 1998). Formado en Abegondo durante dez tempadas, pronto chamou a atención como unha das perlas máis seguidas da canteira. A súa calidade na mediapunta, aínda que nos últimos anos xogou de interior non pasaba desapercibida e o club branquiazul apostou por foguearlo na Terceira División vestindo a camiseta da Laracha, grazas ao convenio existente no 2017.

No Municipal xogou durante dúas tempadas, marcando 8 goles en 70 partidos, 53 deles como titular. O Fabril volveu requirir dos seus servizos, pero no 2020 marchou ao filial do Lugo, a Polvoreira. Fixo un bo ano, o que lle serviu para asinar polo Formentera antes de volver á Polvoreira, que na 2022-2023 descendería xunto ao Bergan.

No entanto, o seu nivel serviulle para asinar polo Langreo, onde volveu reencontrarse cunha boa versión, impulsando así o interese do Pontevedra o verán pasado. Co conxunto granate non conseguiu nunca afianzarse no once titular da liga, pero si foi un dos imprescindibles na épica participación do club na última Copa do Rey, eliminando ao levante (4-1), Vilarreal (1-0) e Mallorca (3-0).

Aínda con 26 anos, busca reencontrar a súa mellor versión e, sobre todo, a regularidade, nAs Eiroas. Calidade e maxia para a medular do Bergantiños.