 
	
											Doutro lado, o goberno recibiu ás campioas galegas do club, o Lubiáns, en patinaxe artística
24 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Carballo acollerá a próxima fin de semana un novo torneo de hóckey a patíns no formato 3x3. Desde o venres á tarde ata o domingo ao mediodía pasarán pola capital bergantiñá 76 equipos e máis de 300 participantes, comentouse onte na presentación no Concello. Unhas cifras excelentes que pasan a ser marca de todas as edicións celebradas ata o momento, o que demostra o cada vez máis crecente interese pola modalidade. Haberá numerosas categorías: sub-11, sub-14, sub-17, masculina, feminina, mixta e vellas glorias.
Recepción ás campioas
Doutro lado, o goberno recibiu ás campioas galegas do club, o Lubiáns, en patinaxe artística (Segunda División, modalidade show). Son dezanove deportistas de 12 a 20 anos que xa foron subcampioas.