O BNG pide á Xunta que actúe xa na igrexa de Ozón, en Muxía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Os nacionalistas chaman ao Goberno a atopar unha solución par arranxar e levantar un muro derrubado ao pé do Camiño xacobeo

07 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O BNG rexistrou iniciativas no Parlamento galego nas que solicita á Xunta que realice un estudo para avaliar canto antes as deficiencias na cuberta e nos muros interiores da igrexa de San Martiño de Ozón en Muxía. Os nacionalistas chaman ao Goberno a atopar unha solución par arranxar e levantar un muro derrubado ao pé do Camiño xacobeo. Falan de filtracións de auga que afectan o patrimonio escultórico, artístico e bibliográfico. Tamén do estado deficiente do piso de madeira sobreposto ao chan de pedra. Os tempos de Coucieiro e da Barca tamén precisarían de actuacións, reclaman.