
Foron dúas das convidadas da Semana Cultural do centro educativo, unhas das máis esperadas
17 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.María Silva, de Langueirón, e Manuela Ángela Tomé, Lelucha, de Muíño, por tanto as dúas de Zas, eran dos rostros máis agardados na Semana Cultural do instituto Maximino Romero de Lema de Baio. Cantareiras ambas —e coa ausencia de María Souto, indisposta—, compartiron cos rapaces un tempo de foliada que abriron con pandeirada e continuaron cunha charla co alumnado e profesorado.
Contaron como aprenderon a tocar a pandeireita e a cantar de xeito natural, nas súas casas, só escoitando. Nin sequera tiñan instrumento propio: xuntaban aforros para mercar unha pandeireta e compartíana nas foliadas. Iniciáronse con 14 ou 15 anos e Lelucha chegou a pasar corenta en silencio, sen tocar: casou, tivo fillos... Mais logo retomou, tamén con naturalidade, aquilo que sempre fora parte dela. Rin co ritmo do «chiquichí» e gozan do vals ou a rumba. Estas mulleres que xa teñen visitado programas deixaron en Baio un bo número de pezas, e houbo mesmo quen se botou a bailar.