
Botou onte o peche a terceira e última xornada da iniciativa comercial e cultural «Baio ten as Letras»
12 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Baio ten as Letras, o renovado Baio ten a Pelota, botou onte o peche na localidade. O tempo desapracible non axudou nin venres nin as horas centrais do sábado, mais a noite do segundo día foi outro cantar, cando menos nos bares adheridos á ruta de tapas, con grande actividade e incluso algunha contratación. Rebeca Facal, secretaria de BaiOn, entidade organizadora xunto con Concello de Zas, manifestaba onte unha satisfacción xeral, tamén por parte dos comercios. Cadrou que xogasen o Baio e o Barcelona, co que iso implica para as citas desas horas.


Os cambios sempre levan un tempo, reflexiona o alcalde, Manuel Muíño, que tamén referencia a importancia do factor tempo. O ano pasado tiveron sol. Menciona ademais a satisfactoria asistencia a propostas como as presentacións de libros. Xusto cando se divulgaba IA para a sociedade chegou o Nobel Kip S. Thorne, da man de Jorge Mira. Toda unha feliz coincidencia.