As patinadoras do Lubiáns proclámanse campioas galegas en Show

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Levantaron o primeiro premio no campionato que se celebrou nAs Pontes

12 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A sección de patinaxe artística do Escola Lubiáns logrou o sábado o seu maior logro ata a data. Foi no pavillón municipal dAs Pontes, onde se celebraba o Campionato Galego de Segunda Categoría de Show Xunta de Galicia. Un certame no que as carballesas saíron co primeiro premio tras a súa actuación pola tarde.

Un título incrible que todo o grupo non dubidou en celebrar xa cunha gran festa que se trasladou desde o autobús ata o Dolce&Café, en Carballo. Un merecido festexo.