Faleceu Herminia Astray Romero, que foi monxa e profesora de filosofía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Heminia Astray, en una imagen publicada en La Voz en 1975
Heminia Astray, nunha imaxe publicada en La Voz en 1975 HEMEROTECA LA VOZ

O funeral será hoxe en Baio, e o enterro, en Bamiro

12 may 2025 . Actualizado á 16:13 h.

Herminia Astray Romero faleceu aos 91 anos na Coruña, onde residía, Era de Baio, onde hoxe luns oficiarase o funeral, na igrexa nova, ás seis da tarde, con enterro no cemiterio de Bamiro. O velorio realízase no tanatorio de Pompas Fúnebres  da Coruña, na Palloza.

Herminia, coñecida como Minucha, foi monxa durante uns anos, pero deixouno. Dedicouse á docencia, como profesora de Filosofía (licenciouse en Filosofía Pura pola Universidade de Madrid). Durante moitos anos foi profesora (catedrática) do instituto Salvador de Madariaga coruñés.

Herminia era a última dos irmáns Astray Romero, unha familia moi coñecida en Baio e na comarca: fillos do médico Braulio Astray Vidal, que tivo consulta na Piroga (Bamiro) e posteriormente, en Baio. Entre os seus irmáns (foron seis) houbo avogados, empregados de banca, un médico e unha farmacéutica. Herminia doou unha das súas leiras para construír unha pequena praza en Baio, que leva precisamente o nome do seu pai.