Un Corme magnífico cantou o alirón en Xaviña

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

As azulonas venceron 0-2 ao Cerqueda e proclamáronse campioas da Terceira Galega á falta de dúas xornadas

11 may 2025 . Actualizado á 21:22 h.

O Corme xa é equipo da Segundo Galega feminina. O club azulón finiquitó o seu título de liga en Xaviña fronte ao Cerqueda (0-2), nun partido máis complicado do que se podería imaxinar a afección visitante antes de disputalo. Os dous goles chegaron na segunda parte. Primeiro foi Aroa e, xa no tramo final, sería Zeltia a que confirmaría o alirón, á falta de dúas xornadas para o conxunto que dirixe Rubén Souto.

Un título e ascenso máis que merecido para un equipo que gañou 22 dos 24 partidos que disputou e que aínda non coñece a derrota, marcando 124 goles e recibido só 15. A onte ausente Naroa Parga, ademais, será a pichichi da competición con bastante folgura, pois suma 56 tantos en 23 encontros. Cifras que falan moi ben dun club que se unirá, á espera de posibles reestruturacións, con Dumbría e Cee na Segundo Galega. Tamén lle podería acompañar o Muxía, aínda que para asegurar o seu ascenso debería sumar os seis puntos restantes e agardar a ver o que fan os segundos doutros grupos.