
Logo das Tanxugueiras, chega unha nova confirmación para o festival folk, o 8 e 9 de agosto
11 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.As Tanxugueiras foron o primeiro lanzamento e nas últimas horas chegou outro. Na 40.ª edición da Festa da Carballeira de Zas, o 8 e 9 de agosto, subirá tamén ao escenario a Banda da Loba. Neste caso, na segunda das xornadas, sábado. As entradas para o festival folk máis importante da Costa da Morte e un dos máis senlleiros de Galicia están dispoñibles na web www.festadacarballeira.com. A Banda da Loba —xa estivo en Zas no 2022— son cinco mulleres que ergueron un proxecto colectivo a base de sumar traxectorias individuais. Din do seu que é un estilo propio, singular e particular. Nel pódese atopar desde pop a blues, dende folk a rock e tamén tradición.