Andainas, bailes para maiores ou espectáculos infantís: o que podes facer hoxe na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

En Vimianzo, a Peña Barcelonista Irmandiña promove unha andaina pola Ruta das Alvarizas

27 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Chegamos ao final dunha nova semana e isto é o que poderás facer hoxe na Costa da Morte:

Vimianzo · A Peña Barcelonista Irmandiña promove unha camiñata pola Ruta das Alvarizas. Partirá ás 9.30 do Campo da Areosa e contará coa colaboración dos guías Carme Toba e Manuel Oanes.

Coristanco · Nova andaina do programa Primavera en Ruta de Senda Nova. «Coristanco histórico»: 16 quilómetros, coa colaboración da Asociación Lourido.

Laxe · Nova etapa na duodécima edición do calendario de rutas da asociación Camiño dos Faros. Hoxe, de Laxe a Arou (Camariñas).

Coristanco · Recuperación dos festexos por San Benito na parroquia de Ferreiro. Haberá misas ás 10.00, ás 11.00 e ás 12.00, e oficio solemne ás 13.00. Así mesmo, celebrarase sesión vermú.

Vimianzo · Caxoto presentará Avoa, neto e burro a través do espectáculo «Un libro baixo a almofada»: 18.30.

Caión · Conta contos no centro sociocomunitario, ás 18.00: Un ronsel de Ardora.

Cabana · Baile no centro de maiores de Neaño, ás 19.00, con Mar de Caión.

Carballo · Baile para maiores no Mercado Municipal, ás 18.00, co dúo Marineda.