Dous identificados e 35 pezas de peixe comisadas en Santa Mariña, Ponteceso
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO

Un pescador carecía de licenza válida e o outro a tiña caducada
18 abr 2025 . Actualizado á 04:46 h.Persoal do servizo de Garda Rural da confraría de Corme comisou 35 pezas de peixe a dúas persoas que estaban a practicar pesca recreativa en superficie na zona de Santa Mariña. O primeiro carecía de licenza e tiña 5,32 quilos en capturas, excedendo o tope máximo permitido. Requisáronselle dous pedreses, seis maragotas, catro farros e once doncelas.
En canto ao segundo implicado, o persoal comprobou que a súa licenza estaba caducada desde facía máis dun ano e retiráronlle sete doncelas e cinco maragotas que, en total, pesaban preto de quilo e medio.
Todo o produto, 35 pezas en total, foi comisado e entregado no centro social da Milagrosa, no municipio de Carballo.