Enreguéifate xa ten premiados, cun récord de vídeos que afianza a saúde da improvisación oral

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Cinco dos galardóns veñen para Bergantiños, amosando a súa forza como berce da regueifa

11 abr 2025 . Actualizado a las 20:36 h.

O certame Enreguéifate xa ten gañadores. Chegaron a el 96 vídeos de máis dunha vintena de concellos, récord que para a organización —os servizos de normalización lingüística de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo— confirma a boa saúde da regueifa e a improvisación oral. Houbo dúas categorías, xeral e escolar, e en cada unha oito premios, a entregar o 19 de maio en Santiago. Cinco deles, para Bergantiños, facendo xustiza ao berce da regueifa que é. 

O xurado estivo composto por Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; Bea Vilaverde, técnica do Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela; e Lucía Ferro, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames

Categoría xeral

  • Regueifa máis brava: Paco Felípez e Oscar García, "Veciños ben levados" (Carballo e Malpica).
  • Regueifa máis aguda: Arrieiro e Chaminho, "Video-regueifa atlántica" (Malpica e A Coruña).
  • Regueifa máis diversa: Escola da Regueifa de Carballo, "A nosa propia melodía" (Carballo).
  • Regueifa máis reivindicativa: Ministras, "Se nós fósemos ministras" (Pontevedra)
  • Regueifa mellor falada: ex aequo para Guerreiras regueifeiras, "Cidades galegas" (Santiago de Compostela), e Iria e Javi, "Vivan as nosas poetas" (Santiago de Compostela).
  • Regueifa mellor cantada: Asociación Cultural Coro Virxe da Renda, "Cantar e desfrutar" (Poio).
  • Regueifa máis inclusiva: Teiseiros Regueifeiros, "Non hai quen viva! Regueifa do alugueiro" (Centro de Inclusión Fundación da Santa Cruz en Vigo).
  • Regueifa máis entroideira: premio deserto.

Categoría escolar 

  • Regueifa máis brava: Os falabarato, “CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo” (Carballo) 
  • Regueifa máis aguda: 6º B Quiroga Palacios, "Regueifa do banquete" (CEIP. P. Cardeal Quiroga Palacios, Santiago de Compostela).
  • Regueifa máis diversa: Regueifeiras do Rosalía, "Regueifa pola diversidade" (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela).
  • Regueifa máis reivindicativa: Regueifeiras do Camballón, "Altri non! Mina non!" (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces.
  • Regueifa mellor falada: A cuarta revolta, "Continuemos co legado" (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños).
  • Regueifa mellor cantada: Regueifeiras de Dodro, "Emoción ou razón?" (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón Tarrío, Dodro)
  • Regueifa máis inclusiva: Radio Regueifa Inclusiva, "Somos diferentes, somos referentes" (IES do Milladoiro / CEE Manuel Navalón, Ames e Santiago de Compostela).
  • Regueifa máis entroideira: As Entroideiras, "O Entroido galego" (CEIP San Martiño, Pontevedra).