Ou Isto loce o terceiro mural de Leandro Lamas en Cabana

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

Promoveron a actividade as áreas de Cultura e Servizos Sociais, a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

25 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A pegada artística do naronés Leandro Lamas crece no municipio de Cabana. Desde onte loce no local social de Ou Isto un novo mural no que se invitou a colaborar aos veciños e na que participaron así mesmo membros de Íntegro. Promoveron a actividade as áreas de Cultura e Servizos Sociais, a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A creación mostra unha «apertura» cara á natureza, a liberdade e a integración, simbolizada a través dunha muller que abre a porta que a separa desoutro mundo. O significado da obra, indica o Concello, non está só no contido, senón que o seu valor crece por sumar pinceladas dos voluntarios que se achegaron durante a mañá de onte ata Ou Isto.