Unidade móbil para a doazón de sangue, mañá na Praza larachesa

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Ana Garcia

Prestará servizo en horario de mañá e tarde: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00

15 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Unha unidade móbil para a doazón de sangue visitou onte a localidade de Malpica, pero aínda quedará esta semana outra oportunidade para practicar este xesto solidario na Costa da Morte. Así, un bus da Axencia Galega de Doazón desprazarase mañá, xoves, á Laracha. A unidade emprazarase na Praza do Concello e prestará servizo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00. Sen cita previa.