Contra a evidencia

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

26 abr 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Os maiores dicían que é inútil traballar contra o mar. É mellor facelo a favor. E en urbanismo non sempre se tivo en conta. A moita xente e a organismos públicos déuselles por construír sobre as ondas. Un reto perdido co paso do tempo. Xa sen atender ao constante ascenso do nivel dos océanos desde fai miles de anos, unha evidencia visual en moitos puntos da costa para calquera observador. Coa acentuación do quecemento global, o asunto empeora. Convén telo moi en conta.