Carracedo reforzou vínculo co instituto Eduardo Pondal

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

O catedrático de Medicina Legal é xa un rostro coñecido para os alumnos deste centro pontecesán

06 abr 2024 . Actualizado á 19:15 h.

Cando recibiu da Fundación Pondal, precisamente en Ponteceso, o premio Bo e Xeneroso, o catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo reivindicou unha política «de mans abertas», tamén na ciencia. Fixo súa unha frase da súa avoa («O que abre os brazos recibe abrazos»). Seguindo quizais ese ensino, el é un exemplo de xenerosidade á hora de compartir saber científico, de divulgalo. Onte regresou, unha vez máis, ao instituto Eduardo Pondal pontecesán, onde tomou parte dun café científico acompañado por alumnos de bioloxía, cun salón de actos cheo e público tamén de fóra do centro. Carracedo respondeu de novo á chamada da docente Isabel Segura, e así os mozos puideron ter de preto a grandeza e a humildade dun dos referentes científicos de Galicia. Preguntáronlle moito sobre xenética.