Novos requirimentos para a talla pola lei de incendios en Coristanco

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Foron localizadas outras sete parcelas nas que é necesario realizar rozas

27 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte novos requirimentos para o cumprimento da lei de prevención dos incendios forestais no municipio de Coristanco . Foron localizadas outras sete parcelas nas que é necesario realizar tallas e rozas porque se atopan demasiado preto de núcleos de poboación ou estradas. Neste caso descoñécese a identidade dos propietarios, polo que non se lles puido notificar directamente. O Concello terá que facerse cargo de realizar os traballos que, nalgún caso, están valorados en máis de 850 euros, que poderían ser cobrados ao dono cando se saiba o seu nome.