Primeiro Torneo de Nadal do Frechas por un Tubo, de Corme

La Voz

CARBALLO

,

O club logrou grandes resultados no Campionato Galego da semana pasada

21 dic 2023 . Actualizado ás 18:21 h.

O club Frechas por un Tubo, de Corme , organiza este sábado por primeira vez un Torneo de Nadal de tiro con arco en sala para categorías inferiores. Será este sábado, a partir das 14.00 horas e no pavillón de Corme, ata onde chegarán deportistas doutros catro clubs: o vimiancés Dous X Setentas, Arco Narón, Cachamuiña de Ourense e The Cutarc Team da Coruña. Todos gozarán «dunha tarde amena con doces, roscón, chocolate e, sobre todo, moitas frechas», resalta o club cormelán nun comunicado.

Grandes resultados no Campionato Galego 

A pasada fin de semana, o Frechas por un Tubo estivo presente no Campionato Galego que se celebrou no Barco de Valdeorras tanto o sábado como o doming. Alí, Manuel Souto García logrou a medalla de prata na categoría de recurvo alevín masculino. Lucía Castro Fondo e Leonor Andrade Varela foron terceira e cuarta, respectivamente, no recurvo cadete feminino. E Pedro Álvarez Pailos colgouse a medalla de prata como subcampión galego no recurvo cadete masculino.